Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29632

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración dun vehículo bomba nutriz pesada (BNP) (expediente CON1/SU15-ABO).

Mediante Acordo do Pleno do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, do 29 de abril de 2015, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación da subministración dun vehículo bomba nutriz pesada (BNP). Expediente: CON1/SU15-ABO.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

b) Dependencia que tramita o expediente: Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

c) Nº de expediente: CON1/SU15-ABO.

d) Domicilio: San Marcos, 8.

e) Localidade e código postal: Lugo 27001.

f) Teléfono: 982 26 02 02.

g) Correo electrónico para facer consultas:consorcio.incendios@deputacionlugo.org

h) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.salvamentolugo.org//

1. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun vehículo bomba nutriz pesada (BNP) para o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

c) División por lotes: non.

d) Admisión de prórroga: o prazo contractual unicamente se prorrogará cando concorran as circunstancias e os requisitos exixidos pola lexislación vixente e apreciadas polo órgano de contratación.

e) Prazo de entrega: seis meses.

f) Lugar de entrega: Parque de Bombeiros de Monforte de Lemos, ou en calquera outro lugar designado polo Consorcio.

g) CPV: 34144210-3 ... Vehículos de extinción de incendios.

2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e selección da oferta economicamente máis vantaxosa.

c) Criterios de adxudicación (véxase a cláusula vixésimo segunda do prego de cláusulas administrativas).

3. Orzamento base da licitación:

Importe neto: 203.000,00 euros. IVE (21 %). Importe total: 245.630,00 euros.

4. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, sen incluír o IVE.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Capacidade e solvencia (véxase o prego de cláusulas administrativas).

6. Presentación de ofertas:

a) Prazo: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

b) Modalidade de presentación: persoalmente, no Rexistro do Consorcio, ou ben mediante calquera dos medios admitidos polo número 4 do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e, neste caso, para ser validamente admitida a proposta, o licitador deberá remitir, mediante fax ao número 982 26 02 68, ao Consorcio contratante, o mesmo día de remisión da documentación por tales medios, copia do recibo ou do documento que verifique a entrada da súa proposta nos organismos que menciona o citado artigo 38.4.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Consorcio, en horario de apertura das 9.00 ás 14.30 horas, de luns a venres. Rúa San Marcos, nº 8. 27001 Lugo. Fax: 982 26 02 68.

7. Admisión de variantes: non.

8. Gastos de publicidade: serán asumidos polo adxudicatario da licitación.

Lugo, 22 de xuño de 2015

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario interventor