Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato correspondente ao expediente 400/15.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: laboratorio especial de biocontención para experimentación de cultivos celulares no Edificio do Cinbio da Universidade de Vigo.

c) Medio de publicación: perfil do contratante da Universidade de Vigo.

d) Procedemento de contratación: negociado sen publicidade por razón de contía.

e) Data de publicación do procedemento de contratación no perfil do contratante: 24 de febreiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Procedemento: negociado sen publicidade por razón de contía (artigo 171 letra d), do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 191.133 €.

5. Importe de licitación: 191.133 €. IVE para soportar: 40.137,93 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30.3.2015.

b) Data de formalización do contrato: 6.4.2015.

c) Contratista: Airvento, S.L.

d) Importe de adxudicación: 169.958,30 €; IVE para soportar: 35.691,24 €.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do disposto no artigo 151.4 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 da citada lei.

Vigo, 1 de xullo de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo