Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato correspondente ao expediente 300/08.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría, asistencia técnica e servizos.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e codirección de obra arquitecto (90 %) do Centro para Investigación Biomédica.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

d) Procedemento de contratación: concurso público.

e) Data de publicación dos anuncios de licitación: DOG do 9.4.2008; BOE do 11.4.2008; DOUE do 14.3.2008.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Procedemento: concurso público.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 407.678,66 €.

5. Importe de licitación: 407.678,66 €; IVE para soportar: 65.228,59 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8.9.2008.

b) Data de formalización do contrato: 23.9.2008.

c) Contratista: Alfonso Penela Fernández.

d) Importe de adxudicación: 385.052,50 €; IVE para soportar: 61.608,40 €.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do disposto no artigo 151.4 da Lei 3/2011, do 14 de novembro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 da citada lei.

Vigo, 1 de xullo de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13.5.2014)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo