Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato da subministración sucesiva de funxibles para bombas de infusión con destino ao Hospital Universitario Lucus Augusti (expediente MS-HLA1-13-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doctor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-HLA1-13-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva por prezo unitario de funxibles para bombas volumétricas, de xiringa, PCA e de alimentación enteral. A contía que se vai subministrar determinarase polas necesidades do órgano de contratación, con dotación sen custo para o Hospital Universitario Lucus Augusti das bombas necesarias para os funxibles (será tamén por conta do adxudicatario o seu mantemento e o seu transporte).

c) Lotes (de ser o caso): si; catro.

d) CPV (referencia de nomenclatura): véxanse os pregos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Datas de publicación do anuncio de licitación: 18 de maio de 2013 no DOUE; 15 de xuño de 2013 no BOE e 4 de xuño de 2013 no DOG.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 997.196 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 498.598 euros. Importe total: 548.457,80 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2014 para os lotes 1, 2 e 3. Para o lote 4, a data de adxudicación é o 5 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización dos contratos: lotes 1, 2 e 3: 1 de xullo de 2014. Lote nº 4: 1 de maio de 2015.

c) Contratistas: lotes 1 e 2: Carefusion Iberia 308, S.L. Lote 3: Hospira Productos Farmacéuticos y Hospitalarios, S.L. e lote 4: Nutricia, S.R.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 479.170 euros. Importe total: 527.087 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxanse as resolucións e os informes técnicos no perfil do contratante.

Lugo, 16 de xuño de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos