Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de pan fresco (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-15-009

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de pan fresco.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): un só lote.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: ver pregos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 15811100-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Calidade técnica: ata 35 puntos.

– Prezo: ata 60 puntos.

– Capacidade de resposta ante imprevistos nun prazo máximo de dúas horas: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 177.216,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 73.840,00 €; b) IVE: 2.953,60 €; c) Importe total: 76.793,60 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso):

12. Outras informacións:

Ferrol, 15 de xuño de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol