Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (537/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 537/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Taín Rilo contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Parquets Hernández, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Manuel Taín Rilo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a entidade Parquets Hernández, S.A. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra estas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Parquets Hernández, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial