Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (849/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 849/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Rubio Becerra contra o Fondo de Garantía Salarial e Ángel Manuel Riveiro Caamaño, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Patricia Rubio Becerra contra o empresario individual Ángel Manuel Riveiro Caamaño e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Ángel Manuel Riveiro Caamaño, a que aboe ao demandante a cantidade de 2.684,30 euros brutos por salarios devindicados de xullo a setembro de 2013 e de abril a xuño de 2014, incrementada co xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Manuel Riveiro Caamaño (Cafetería Porta Caely), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial