Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (119/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 119/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana María Jueguen Rodríguez contra Proximar, S.L., sobre ordinario, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza 179/2015 ditada con data do 12 de maio de 2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguido ante este xulgado co número de autos 653/2014 a favor da parte executante, Diana María Jueguen Rodríguez, contra Proximar, S.L., parte executada, por importe de 2.947,20 euros de principal, dos cales corresponden 2.679,27 á cantidade obxecto de condena na sentenza e 267,93 euros ao xuro de mora procesual do 10 %, e de 294,72 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Proximar, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Diana María Jueguen Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince (15) días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente. Queda pendente de satisfacer nesta executoria a suma de 2.947,20 euros de principal, dos cales corresponden 2.679,27 euros á cantidade obxecto de condena na sentenza e 267,93 euros ao xuro de mora procesual do 10 %, e de 294,72 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Proximar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de xuño de 2015

A secretaria xudicial