Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (832/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento monitorio 832/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Figueiras Romero, se ditou a seguinte resolución:

Acórdase o arquivamento dos presentes autos de proceso monitorio, seguidos por instancia de Raquel Figueiras Romero fronte a Copas, Sociedade Cooperativa Galega, logo de baixa nos libros correspondentes.

E para que sirva de notificación en legal forma a Copas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial