Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de ampliación de tráficos (novo hospital de Vigo en Beade) do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos, de Automóviles de Tuy, S.A.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de ampliación de tráficos (novo hospital de Vigo en Beade) do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de sete días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es .

Pontevedra, 15 de xuño de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra