Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración dun sistema de cromatografía de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuadrupolo destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 7/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22040

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun sistema de cromatografia de gases con detector de espectrometría de masas triplo cuadrupolo destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38432210-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 169.421,50 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 169.421,50 €. Importe total: 205.000,02 €.

6. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 48.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 25.6.2015.

c) Adxudicataria: Productos Químicos de Murcia, S.A.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 169.400,00 €. Importe total con IVE: 204.974,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas