Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos da construción e demolición no concello de Boiro (A Coruña), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 58/2014 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21801

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos da construción e demolición no concello de Boiro (A Coruña), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45112330-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 286.868,49 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 286.868,49 €. Importe total: 347.110,87 €.

6. Financiamento: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 3.7.2015.

c) Adxudicataria: Tarrío y Suárez, S.L.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 242.489,93 €. Importe total con IVE: 293.412,82 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas