Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (287/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 287/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elvira del Carmen Barragues Oubel contra Panificadora Lucense, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Elvira del Carmen Barragues Oubel contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a que aboe á demandante a cantidade de 733,70 euros en concepto de diferenza de indemnización e 273,33 euros en concepto de diferenza de salarios, ante a insolvencia da súa empregadora, Panificadora Lucense, S.A., que viña obrigada ao seu pagamento de modo principal. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panificadora Lucense, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xuño de 2015

A secretaria xudicial