Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29302

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1105/2014).

Procedemento ordinario 1105/2014

Demandante: Belén Mantiñán Boedo

Avogado: Federico Antonio Novo Pinilla

Demandados: La Grela Mensajeros, S.L., LGM sin Banderas, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1105/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Belén Mantiñán Boedo contra La Grela Mensajeros, S.L. e LGM sin Banderas, S.L., sobre procedemento ordinario, se ditou o seguinte auto:

Parte dispositiva:

Dispoño considerar desistida a Belén Mantiñán Boedo da súa demanda contra La Grela Mensajeros, S.L., LGM sin Banderas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, en materia de reclamación de cantidade. Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución. Así o acorda, manda e asina a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a LGM sin Banderas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial