Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xuño de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar (expediente SANC/3/15 e dous máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas, segundo se relacionan no anexo. Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigos 64 e 68 da LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas e de proceder á súa execución subsidiaria por conta do causante. Unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante a presidenta da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/3/15. Ref. Bis: 117/14. Pontevedra.

Denunciados: herdeiros de Valentín Vázquez Serén.

Último enderezo coñecido: Meis.

Feito denunciado: risco de caída de árbores.

Estrada: AG-41

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SANC/6/15. Ref. Bis: 159/14. Pontevedra.

Denunciada: Lamas-Ramos e Fernandes, S.L.

Último enderezo coñecido: Vigo.

Feito denunciado: deterioración de elementos da estrada.

Estrada: PO-551.

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SANC/11/15. Ref. Bis: 156/14 Pontevedra.

Denunciada: Alicia Riveiro Quintáns.

Último enderezo coñecido: Ribadumia.

Feito denunciado: risco de caída de árbores.

Estrada: AG-41.

Resolución: sancionadora.