Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución ditada no expediente administrativo sancionador (infracción moi grave) incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente SANC/MG/1/15).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do Consello Reitor da Axencia (Acordo do 14 de outubro de 2013, DOG do 6 de febreiro de 2014), ditou resolución no expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño), segundo se relaciona no anexo. Na devandita resolución con imposición de sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora») terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución esgota a vía administrativa, podendo interpoñer ben recurso de reposición ante o Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela. Os prazos de interposición de cada recurso serán, respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/MG/1/15. Ref. Bis: 92/14. Pontevedra.

Denunciada: Sanxenxo Arena, S.L.

Último enderezo coñecido: Sanxenxo.

Feito denunciado: obras en dominio público.

Estrada: PO-308.

Resolución: sancionadora.