Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29039

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 369/2014 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 369/2014

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 735/2012 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Contratas y Servicios Cuntis, S.L., Ramón Novas Rey

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Óscar Puertas Ledo

Procuradores: (…), (…), (…), José Luis González Martín

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 369/2014, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Contratas y Servicios Cuntis, S.L., Ramón Novas Rey, sobre accidente de grao, se ditou no día da data a seguinte resolución, que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ramón Novas Rey e a empresa Contratas y Servicios Cuntis, S.L., a sala confírmaa integramente, e condénase a recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 601 € en concepto de honorarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Contratas y Servicios Cuntis, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Alto da Cruz-Arcos de Furcos, Cuntis (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xuño de 2015

A secretaria xudicial