Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 867/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 867/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mary Cledis Vallejos Acosta contra a empresa Imperio Dama, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 867/2012, sendo parte nel, dun lado, como demandante Mary Cledis Vallejos Acosta, representada polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandado Imperio Dama, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Mary Cledis Vallejos Acosta, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Imperio Dama, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.855,34 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Imperio Dama, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

A secretaria xudicial