Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (107/2015).

Execución de títulos xudiciais 107/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 1248/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Ignacio Pérez Fernández

Avogado: Ignacio Bermúdez de la Puente

Demandado: Starcine, S.L.U.

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 107/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ignacio Pérez Fernández contra Starcine, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Ignacio Pérez Fernández coa empresa Starcine, S.L.U., e condeno a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Ignacio Pérez Fernández.

Indemnización: 19.562,72 euros (dezanove mil cincocentos sesenta e dous con setenta e dous céntimos de euro).

Salarios: 7.897,50 euros (sete mil oitocentos noventa e sete con cincuenta céntimos de euro).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Starcine, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 23 de xuño de 2015

O secretario xudicial