Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29037

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 987/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 987/2015 (-FF)

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 911/2013 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L. (antes Unidixital, S.L.)

Avogados: Manuel Lobato Iglesias, Manuel Lobato Iglesias

Procuradores: Juan Antonio Garrido Pardo, Juan Antonio Garrido Pardo

Recorridos: Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A., subrogada Laboram-Antes Vedior, Fotocopias Maxin, S.L.U., administración concursal Fotocopias Maxin (María Sierra Rodríguez), Carmen María Vieiro Collazo

Avogados: (…), Área Gago Gefaell, (…), (…), Pedro Blanco Lobeiras

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 987/2015, seguido por instancia de Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L. (antes Unidixital, S.L.) contra Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A., subrogada Laboram (antes Vedior), Fotocopias Maxin, S.L.U., administración concursal Fotocopias Maxin (María Sierra Rodríguez), Carmen María Vieiro Collazo, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Manuel Lobato Iglesias, en nome e representación das mercantís Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. contra a sentenza de data dezasete de outubro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento 911/2013, seguido por instancia de Carmen María Vieiro Collazo, revogamos a expresada resolución e absolvemos totalmente as ditas empresas codemandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en García Prieto, 46, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial