Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 202/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 202/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Sayans González contra Atlántica de Congresos, S.L., Gespalia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos 202/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de María del Carmen Sayans González, asistida pola letrada Rosa Vila Amarelle contra Atlántica de Congresos, S.L., que non comparece, Gespalia, S.L., que non comparece, UTE Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L., que comparece asistida e representada polo letrado Vicente García Legisima, Halcón Viajes, S.A., que non comparece, Viajes Fisterra, S.L. e Monfobus, S.L., que comparecen asistidas e representadas polo letrado Vicente García Legisima, contra a administración concursal de Atlántico Congresos, S.L., que non comparece, e Concurlex Avogados, S.L.P. (administración concursal de Gespalia, S.L.), que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decisión que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno solidariamente a Gespalia, S.L. Atlántico Congresos, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L. e Monfobus, S.L. a aboarlle á demandante 2.254 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da LRXS. Condeno a administración concursal de Gespalia, S.L. e Atlántico Congresos, S.L. a pasar por estar resolución na súa condición de tal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L. e a Atlántica de Congresos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

A secretaria xudicial