Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores PO-75/15 e PO-79/15 por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), dispón dun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

A eficacia desta publicación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto no artigo 59.5 da LRXPAC.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Último enderezo

Establecemento

RTF Hostelería Deza, S.L.

B36553303

PO-75/15

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Avenida Luis González Taboada, 37, baixo, 36500 Lalín

Talos

Avenida Luis González Taboada, 37, baixo, 36500 Lalín

Cristina Otero Bello

76820337S

PO-79/15

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Os Castros, Quireza, 12, 36139 Cerdedo

Forga

Ourense, nº 17, 36139 Cerdedo