Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28868

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (PO 874/2014).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado-xuíz Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: nove de abril de dous mil quince.

Demandante: Mónica Muíño Gómez.

Avogado: José Raúl Meizoso Sardiña.

Procuradora: Ana Belén Seco Lamas.

Demandada: Sociedad Aurora de Somozas.

Procedemento: procedemento ordinario 874/2014.

Resolución:

Debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Mónica Muíño Gómez contra a Sociedad Aurora de As Somozas, con imposición de custas da instancia.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 1559 0000, sinalando, no campo “concepto”, a indicación “recurso”, seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso”, seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado-xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sociedad Aurora de Somozas, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 18 de maio de 2015

O secretario xudicial