Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28866

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1348/2014 BC).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1348/2014 BC

Xulgado de orixe/autos: demanda 1344/2009 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Carmen Isabel Pemán Pérez

Avogado: José Fraguela Solloso

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio

Recorridas: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Fogasa, Coremain, S.L., Tecnoloxías Plexus, S.L., Cablecom Servicios Informáticos, S.L.

Avogado/a: letrado comunidad (servizo provincial), Juan Carlos López Canosa

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1348/2014 desta sección, seguido por instancia de Carmen Isabel Pemán Pérez, contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Fogasa, Coremain, S.L., Tecnologías Plexus, S.L., Cablecom Servicios Informáticos, S.L., sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Carmen Isabel Pemán Pérez contra a sentenza con data do 2 de outubro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en proceso por cesión ilegal promovido pola recorrente contra a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e outras debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cablecom Servicios Informáticos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2015

A secretaria xudicial