Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 310/2015 no expediente de reposición da legalidade PON/25/2014/RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario 310/2015, interposto por Juan Pérez Iglesias, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/25/2014/RP1, pola que declara ilegalizables e se ordena a demolición das obras executadas en solo rústico, no barrio da Igrexa, parroquia de Chandebrito, concello de Nigrán, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal das citacións, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Celsa Costas Salgueiro para que poida compareza como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística