Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 244/2015 no expediente de reposición da legalidade IU3/98/2012-R1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento ordinario 244/2015, interposto por María Josefa Pérez Lorenzo, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/98/2012-R1, pola que declara ilegalizables e se ordena a demolición das obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica en Camiño de Pito, concello de Barbadás, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal das citacións, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a --ver pdf-- para que poida persoarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística