1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.
2º. Enderezo: rúa Roma nº 25, 27, 1º.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 72 57.
5º. Fax: 981 54 60 28.
6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23013.
Tamén terase acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 28 de xullo de 2015 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AXGE.15.SU.046.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición: a subministración e posta en funcionamento do equipamento que permita a realización de balanceo de carga de servidores, así como a publicación de diferentes servizos como HTTP, HTTPS, etc.
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: máximo de 2 meses desde a formalización do contrato.
e) Nomenclatura: CPA: 26.30 CPV: 32500000-8.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 99.173,55 €, IVE excluído.
5. Orzamento base de licitación: 120.000,00 €, IVE incluído.
6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica y financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.
c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 28 de xullo de 2015.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas, no exterior dos sobres deberá figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.
2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1 c) deste anuncio.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de las ofertas.
a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.
b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.
c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.
d) Localidade: Santiago de Compostela.
e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora da súa celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.
10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións.
a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) As ofertas tamén porán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación así como xustificar a data de imposición do envío.
c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.
d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.
e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público comunicándose a data e hora coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.
No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados da apertura do sobre B así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015
Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias