Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da resolución do expediente de reclamación previa á vía xudicial laboral.

A directora da Axencia Turismo de Galicia ditou, o 9 de xuño de 2015, resolución da reclamación previa á vía xudicial laboral interposta por Marcos López Eiriz.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, sita na praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia