Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato para a subministración de gas natural para o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros de saúde dependentes desta xerencia (expediente MS-EIL1-14-022).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doctor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIL1-14-022.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de gas natural para o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros sete centros de saúde dependentes desta xerencia.

c) Lotes (de ser o caso): si; dous.

d) CPV (referencia de nomenclatura): véxanse os pregos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Datas de publicación do anuncio de licitación: 22 de outubro de 2014 no DOUE; 23 de outubro de 2014 no BOE e 3 de novembro de 2014 no DOG.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.840.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.420.000 euros. Importe total: 1.718.200 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización dos contratos: 1 de abril de 2015.

c) Contratistas: lote 1: subministración GNL HULA: Gas Natural Servicios SDG, S.A.; lote 2: subministración gas natural canalizado para sete centros de saúde: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.285.263,38 euros. Importe total: 1.555.168,69 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución e o informe técnico no perfil do contratante.

Lugo, 2 de xuño de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos