Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte técnico para o deseño de contidos, desenvolvemento e execución do proxecto Xente con vida (expediente AB-CON1-15-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-15-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte técnico para o deseño de contidos, desenvolvemento, e execución do proxecto Xente con vida.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 132.600,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 70.200,00 euros. Importe total: 84.942,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.6.2015.

c) Contratista: Oesía Networks, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 45.630,00 euros. Importe total: 55.212,30 euros.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos