Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 739/2014, tramitado fronte á Resolución do 12 de xuño de 2014, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 739/2014, interposto por Juan Enrique Verde Casanova, María Rosario Izquierdo Martínez e María Cassia Westphalen Furian, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 12 de xuño de 2014, que deixa sen efecto as consideracións efectuadas no apercibimento do 19 de xullo de 2013, previo á execución forzosa da orde para a restitución da legalidade e requírese os titulares dos predios rexistrais resultantes da parcelación o cumprimento da Resolución da Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, do 2 de marzo de 2010 no prazo de tres meses, apercibíndoos de que, no caso de incumprir o requirido, se procederá á execución subsidiaria ou á súa execución forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables periodicamente ata lograr a execución polo suxeito obrigado, en contía de 1.000 a 10.000 euros cada unha, conforme o disposto polo artigo 209.6 da LOUG, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal das citacións, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Abal Arquitectura Unipersonal, Jesús Silva Fernández e Sara Isabel de Lastra Becker, Roberto Varela Fariña, Fernando Varela Fariña e Isabel Thomar Barreiro, Serafín Novas Castro, Perfect-Patry, Franciso Girón Vele e Elisa Otero López, Proyectos Augusta, S.L., Alice Inversiones y Comercio, S.L. e Mª Teresa Doce Fernández para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística