Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27534

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (23/2015).

Lucía García González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente edicto anuncia que no presente procedemento de divorcio contencioso 23/2015 seguido por instancia de María Begoña Romero Ramírez fronte a José Rogelio Besada Páramos ditouse sentenza, cuxo teor literal da súa parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

O Porriño, 19 de maio de 2015

Vistos por Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de divorcio contencioso 23/2015 seguido por instancia de María Begoña Romero Ramírez, representada pola procuradora dos tribunais Sra. González Rodríguez e dirixida polo letrado Sr. Martínez Nogueira, contra José Rogelio Besada Páramos, en situación de rebeldía procesual.

(Antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución:

Estimando a demanda, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio contraído por María Begoña Romero Ramírez e José Rogelio Besada Páramos o 21 de abril de 1985 e inscrito no Rexistro Civil de Salceda de Caselas, con disolución do réxime económico matrimonial e demais efectos legais inherentes á devandita declaración, sen imposición de custas procesuais.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do rexistro civil onde figura inscrito o matrimonio, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese a presente resolución ás partes. Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante o mesmo tribunal que ditou a resolución impugnada, no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese esta sentenza á demandada persoalmente, na forma prevista no artigo 161 da Lei de axuizamento civil, salvo se se achar en paradoiro descoñecido, caso en que a notificación se fará por medio de edicto, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, José Rogelio Besada Páramos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Porriño, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial