Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27533

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (329/2014).

Na presente peza civil nº 329/14, dimanante do procedemento de execución hipotecaria nº 371/13 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, seguido por instancia de Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A., fronte a Ashok Alejandro Punjabi Díaz e Marcela Leandra Monzón, ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, María Begoña Rodríguez González.

Auto número 131.

En Pontevedra o tres de xullo de dous mil catorce.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A sala acorda que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A., representada polo procurador Sr. Barrios Pérez, contra o auto ditado o 13 de febreiro de 2014, polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Marín e, na súa consecuencia, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución, impoñendo á parte recorrente as custas desta alzada.

Así o acorda a sala e pronúnciano, mándano e asínano os maxistrados expresados na marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose os devanditos demandados, Ashok Alejandro Punjabi Díaz e Marcela Leandra Monzón, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que sirva de notificación en forma a estes.

Pontevedra, 27 de outubro de 2014

A secretaria xudicial