Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27531

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4157/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4157/2013 MCR

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 162/2012 Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Lorena Seivane García

Avogado: José Alberto Legaspi Maseda

Procuradora: María Irene Cabrera Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, NCG Banco, S.A., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Cenpla Empresa de Trabajo Temporal, S.A.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4157/2013 MCR desta sección, seguido por instancia de Lorena Seivane García contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, NCG Banco, S.A., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Cenpla Empresa de Trabajo Temporal, S.A., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Lorena Seivane García contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, do 16 de setembro de 2013 nos autos nº 162/2012, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, no libro de sentenzas do Tribunal Superio de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cempla ETT, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial