Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (252/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 252/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Villar Blanco contra a empresa Adrián Rodríguez Lista Café bar A Parra, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Villar Blanco, contra o empresario individual Adrián Rodríguez Lista, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Adrián Rodríguez Lista a que aboe ao demandante a cantidade de 1.207,58 € brutos por salarios devindicados entre febreiro e abril de 2013, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 43,12 € en concepto de indemnización derivada de finalización de contrato temporal. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Adrián Rodríguez Lista Café bar A Parra, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

A secretaria xudicial