Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27370

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5263/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Terceira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 5263/2014 desta Sección, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. e Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra o Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A. Subrogada Laboram-Antes Vedior, Unidixital, S.L., Patricia Iglesias Bermúdez, administración concursal (Fotocopias Maxin, S.L.U., Sra. Sierra Domínguez), Fotocopias Maxim, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación e emprazamento a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial