Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27368

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (739/2015-BB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 739/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1227/2013 Xulgado do Social número 5 da Coruña

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 739/2015-BB, seguido por instancia do Fogasa contra Construcciones y Obras José Antonio, S.L., Bajocota, S.L.U., Fidel Rodríguez Rama, administración concursal de Construcciones y Obras José Antonio, S.L. (Sr. Paz Costas), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvemos que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación do Fogasa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, do 20 de xuño de 2014, e con revogación parcial da súa resolución, declaramos, para efectos da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, que se determina na sentenza de instancia a antigüidade do demandante na empresa a do 27 de xuño de 2013, mantendo integramente os restantes pronunciamentos da resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Bajacota, S.L.U., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa da Obra, 13, 5º A, Sada (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xuño de 2015

A secretaria xudicial