Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27372

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3396/2014).

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3396/2014 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Adega do Emilio, S.L., Rosana Borges Veloso sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

A sala resolve: aclarar e rectificar a parte dispositiva da sentenza, con data do 10 de novembro de 2014, dita resolvendo o recurso de suplicación 3396/2014, debendo quedar redactado do seguinte modo. Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense, con data do 28 de abril de 2014, recaída en autos 179/2014 e acumulados 192/2014, seguidos por instancia da traballadora Rosana Borges Veloso, en reclamación por despedimento e extinción de contrato, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita sentenza. Así mesmo, condenamos á parte recorrente Fogasa a que polo concepto de honorarios satisfaga 600 euros ao letrado da parte recorrida, impugnante do recurso.

Faise saber ás partes que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentenza definitiva, que poderán preparar por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación deste auto, de acordo co disposto nos artigos 219 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Expídase certificación da presente resolución para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

A secretaria xudicial