Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (213/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 213/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Elena Fernández Rozas contra a empresa Elensu, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decisión.

Que admitindo as demandas interpostas por instancia de María Elena Fernández Rozas, asistida do letrado Sr. López Núñez; contra a entidade Elensu, S.L. e Fogasa que debidamente citado non compareceu, debo declarar e declaro extinguida a data da presente a resolución a relación laboral existente entre a demandante e a entidade demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 6 de abril de 2015, con declaración de extinción así mesmo da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno á entidade demandada a que lle aboe á actora a suma de 9.601,13 euros (cantidade en líquido) en concepto de salarios debidos, máis os intereses previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, e a suma de 31.699,69 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual a data da presente resolución.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Elensu, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial