Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 244/2012 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Ramón López Míguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Ramón López Míguez, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece malia estar debidamente citados, e contra a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade, e en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 178 euros, os cales haberán de incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Debo absolver e absolvo a entidade Compañía y Protección y Vigilancia Galaica, S.A., de todas as pretensións deducidas no seu contra.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial