Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-1/2015 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca, recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuaren o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79-2º de Ourense.

Unha vez transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Malia o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 11 de xuño de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-1/2015.

NIF: 76714054-S.

Denunciado: Juan Carlos Calvo Alejandre.

Enderezo: Paseo do Malecón, 23, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: O Paseo, Paseo do Malecón, 23, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 60 €.

Número de expediente: OU-E-2/2015.

NIF: 76726856-Y.

Denunciado: José Alberto Iglesias Blanco.

Enderezo: rúa San Martín, 28, Ribadavia (Ourense).

Establecemento: Dos Amigos, rúa San Martín, 28, Ribadavia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-4/2015.

NIF: 34945814-M.

Denunciado: Juan José Mato Rodríguez.

Enderezo: rúa San Martín, 36, Ribadavia (Ourense).

Establecemento: Qabalah, rúa San Martín, 28, Ribadavia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.

Número de expediente: OU-E-48/2015.

NIF: B-32435182.

Denunciada: Murado González Forcarei, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, 6, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Bora Bora Cocktails Pub, rúa Chamoso Lamas, 6, baixo, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.