Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (128/2013).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 128/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Castiñeiras Blanco, Antonio Alonso Rivas, Paulo Armindo de Andrade Proenca, Diego López López, Antonio Otero Doval, Francisco Ramos Muras, Santiago Feijóo Iglesias, Antonio Sotelo Castaño, José Luis Gago Remiserio, José Manuel Baloira Moure, Eladio Rodríguez Rodríguez, César Vázquez Otero, contra a empresa Paorga, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Acordo:

a) Declarar ao/aos executado/s Paorga, S.L. en situación de insolvencia por importe de 127.199,14 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial