Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (270/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 270/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Miranda Ruibal contra Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Balmonel, S.L. Balmonel Instalaciones, Fondo de Garantía Salarial, Francisco Martínez Paz sobre ordinario, se ditou o seguinte decreto de conciliacion.

A empresa Balmonel recoñece que o traballador prestou servizos na obra subcontratar pola empresa Balmonel e por tal motivo se ofrece o pagamento da cantidade neta de 4.234,25 euros, que, de ser aceptados, se ingresasen na conta do traballador.

O traballador acepya ambas as dúas ofertas realizadas polas codemandadas e desístese do procedemento respecto de Francisco Martínez Paz, sen que teña que reclamar nada máis sendo o número de conta IBAN ES90 20800307173000199737 DE Abanca e co percibimento das cantidades reclamadas non terá máis que reclamar por ningún concepto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Martínez Paz, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial