Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (959/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 959/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Casanova Otero contra Alfa Instant, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por David Casanova Otero contra a entidade Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Alfa Instant, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.432,68 € brutos, ou ben 6.480,17 € líquidos por salarios devindicados entre abril e xullo de 2014, incluíndo a paga extra de xuño de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueseles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial