Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27158

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (193/2015).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 193/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Modesto Martínez Naveira contra Comercializadora Gallega de Ibéricos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento, foron interpostas por Modesto Martínez Naveira, contra a entidade Comercializadora Gallega de Ibéricos, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 9 de febreiro de 2015, e ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a Modesto Martínez Naveira coa entidade Comercializadora Gallega de Ibéricos, S.L., no día de hoxe (5 de xuño de 2015), condenando a Comercializadora Galega de Ibéricos, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 37.339,11 €, e salarios de tramitación percibidos entre o 10 de febreiro e o 5 de xuño de 2015, a razón de 6.005,32 € brutos.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Modesto Martínez Naveira, contra a entidade Comercializadora Galega de Ibéricos, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Comercializadora Gallega de Ibéricos, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 15.843,08 € líquidos por salarios percibidos entre xaneiro de 2014 ao 9 de febreiro de 2015, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación legal en forma á empresa Comercializadora Galega de Ibéricos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial