Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (263/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 263/2015

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: Paula Rodríguez Rosende

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandados: Avidego Real State, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 263/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Rodríguez Rosende contra Avidego Real State, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Paula Rodríguez Rosende contra a entidade Avidego Real State, S.L.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante, con data do 23 de xaneiro de 2015, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución (4.6.2015), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Avidego Real State, S.L.U. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 623,73 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Avidego Real State, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial