Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25360

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (222/2014).

Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Mariia Derkach fronte a Ivan Derkach ditouse a sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo:

Estimo a demanda presentada polo procurador César Ángel Escariz Vázquez, en nome e representación de Maria Derkach contra Iván Derkach, en rebeldía procesual, e, en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 29 de outubro de 1983 en Klivodyn, distrito de Kitsmanskiy, rexión de Chernivtsi, de Ucrania; matrimonio que foi inscrito na sección do Rexistro Civil da Dirección de Xustiza do distrito de Kitsmanskiy, rexión de Chernivtsi co número de inscrición 16, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Central, e, se é o caso, ao rexistro onde consta inscrito o matrimonio.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se susbtanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe.

E, encontrándose o dito demandado, Ivan Derkach, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a el.

Pontevedra, 5 de xuño de 2015

A secretaria xudicial