Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25358

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4536/2014 MDM).

Casación en unificación de doutrina: 141/2015

Parte recorrente: Josefa Alén Núñez

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4536/2014

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1275/2012 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Josefa Alén Núñez

Avogado: José Miguel López Pérez

Recorrente: Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U.

Avogado: José María García Pérez

Recorrente: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

Avogado: José Miguel Orantes Canales

Recorrido: Concello de Arteixo (A Coruña)

Avogado: Raquel Rodríguez Vieitez

Recorridos: administración concursal Galicia Saudade (Ignacio Losada Castillo)

Recorrido: Galicia Saudade, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial e Ministerio Fiscal

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4536/2014 (casación 141/2015) desta sección, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra o Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Concello de Arteixo (A Coruña), Galicia Saudade, S.L., administración concursal Galicia Saudade (Ignacio Losada Castillo), Fondo de Garantía Salarial e Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial María Isabel Freire Corzo: na Coruña, 4 de xuño de 2015. Os anteriores escritos subscritos polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Josefa Alén Núñez, únense ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Xustificado suficientemente o incidente informático e presentado o escrito de formalización do recurso o 3 de xuño do ano en curso, tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións. Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal. A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións. Téñense por efectuadas as manifestacións contidas nos outrosí digo do escrito. Expídanse os oficios oportunos co fin de que se remitan os testemuños das sentenzas solicitadas como de contraste. Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina. Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2015

A secretaria xudicial