Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25356

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2950/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2950/2013 (-FF-)

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 608/2011 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: José Rielo Sánchez

Avogado: Juan Carlos Castro Blanco

Procurador: María Ángela Otero Llovo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 11, Transportes Duco, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), María Paloma Tombilla Manzanedo (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2950/2013 desta sección, seguido por instancia de José Rielo Sánchez contra Transportes Duco, S.L., Allianz, Instituto Nacional da Seguridade Social e TXSS, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación da comunidade hereditaria de David Rielo Sánchez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, de data 16 de maio de 2013, e con revogación da súa decisión declaramos a nulidade da sentenza ditada; con remisión das actuacións ao xulgado de procedencia dítese outra co fin de que entrando no fondo do asunto se determine se o accidente sufrido polo traballador David Rielo Sánchez é ou non accidente de traballo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

En data 30 de abril de 2015 ditouse auto aclaratorio cuxa parte dispositiva é a que segue:

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Transportes Duco, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, 15 de maio de 2013.

En data 30 de abril de 2015 ditouse auto aclaratorio cuxa parte dispositiva é a que segue:

A sala acorda:

Aclarar a sentenza ditada por este tribunal de data 30 de marzo de 2015, cuxa parte dispositiva quedará redactada do seguinte teor: «Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación da comunidade hereditaria de David Rielo Sánchez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, de data 16 de maio de 2013, e con revogación da súa decisión, declaramos a nulidade da sentenza ditada, co fin de que con remisión das actuacións ao xulgado de procedencia se dite outra na que entrando no fondo do asunto se determine se o accidente sufrido polo traballador David Rielo Sánchez é ou non accidente de traballo».

A Coruña, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial