Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 952/2014).

Procedemento ordinario: 952/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Carlos Sanda Espiñeira

Avogada: Mónica Seijo Muíño

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, A.P.O. Infraestructuras, S.L., administración concursal

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 952/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Sanda Espiñeira contra o Fondo de Garantía Salarial, A.P.O. Infraestructuras, S.L., administración concursal, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Sanda Espiñeira contra a entidade A.P.O. Infraestructuras, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade A.P.O. Infraestructuras, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboen ao demandante a cantidade de 275,12 euros líquidos, correspondentes á mensualidade de agosto de 2013, e 1.457 euros brutos devindicados por horas extras realizadas entre xullo e setembro de 2013 e 608,29 euros brutos, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2015

A secretaria xudicial